quen son
Chámome Iago.
Son analista e investigador de ciber-seguridade e entusiasta da criptografía. Actualmente,
son Co-fundador de 8layers e no meu día a día
traballo como Threat Researcher centrado en Threat Hunting e Detection Engineering.
Tamén son estudante de doutoramento en ciencias da computación pola Universidade de Vigo,
onde investigo sobre enxeñaría de características e enriquecemento de datos en modelos de
intelixencia artificial para ciber-seguridade. Fundador e membro de
Hackliza, comunidade en galego e inglés sobre
ciber-seguridade, matemáticas, software libre e outras herbas. Membro do equipo
"Shandyman and the Three Half Pints", gañadores en tres ocasións do evento global de
OSINT para buscar persoas desaparecidas.
Con máis de 10 anos como consultor de DFIR, CTI e analista/Manager en SOCs para empresas Fortune 500
e cotizadas en IBEX35/NASDAQ, ofrezo tamén servizos de consultor/SME para axudar a empresas
a construír e madurar os seus SOC.